Correspondentes Xuvenís IES Fraguas
Os Correspondentes Xuvenís 3.0 "Fragoliños e Acción" que xunto co alumnado da materia de Proxecto Competencial está a traballar na planificación, organización e difusión de tres Campañas dentro do Proxecto ACADIX e coa temática "FraguaSonEmocións".
A primeira é de alumnado de 1º ESO e denomínase "Fraguas Verde" que é unha Campaña de sensibilización e concienciación medioambiental.
A segunda é de 2º ESO "FraguaSaúde 365" que é unha Campaña de Promoción de Hábitos Saudables para o día a día.
A terceira é de 4º ESO "FraguAdolescencia Revolucionaria" que é unha Campaña de motivación e concienciación con 10 mensaxes para sobrevivir.
Todo o EQUIPAZO (alumnado e profesorado) de Correspondentes Xuvenís do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela.)
Máis información:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesantoniofraguas/




Comments