Escola Provincial de Artes e Oficios – Curso 2025-2026 - Ourense
A Deputación Provincial de Ourense abre o prazo de inscrición para o curso académico 2025-2026 da Escola Provincial de Artes e Oficios, con formación en disciplinas artísticas dirixida a persoas a partir dos 12 anos.
Disciplinas ofertadas
-
Debuxo e pintura
-
Talla e escultura en madeira
-
Modelado e escultura en barro
-
Olería
Calendario
-
Do 1 de outubro de 2025 ao 30 de xuño de 2026
-
Organización de grupos e horarios segundo matrícula
O material específico de traballo (pintura, lenzos, molduras, etc.) será achegado polo alumnado.
Inscrición
-
Prazo: do 1 ao 30 de setembro de 2025
-
Lugar: Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (rúa Progreso, nº 30, Ourense)
-
É necesario presentar o formulario normalizado e o xustificante de pago da matrícula no momento da inscrición.
Prezos
-
Matrícula anual: 75 €
-
Descontos:
-
25 € para segundo e seguintes membros da mesma unidade familiar
-
Bonificación do 100% para persoas desempregadas, con discapacidade igual ou superior ao 33%, e para persoas con síndrome de Down.
-
Máis información
A programación completa e condicións de inscrición están dispoñibles no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e na sede electrónica da Deputación de Ourense:
https://sede.depourense.es




Comments