Ir o contido principal
artes e oficios

Escola Provincial de Artes e Oficios – Curso 2025-2026 - Ourense

A Deputación Provincial de Ourense abre o prazo de inscrición para o curso académico 2025-2026 da Escola Provincial de Artes e Oficios, con formación en disciplinas artísticas dirixida a persoas a partir dos 12 anos.

Disciplinas ofertadas

  • Debuxo e pintura

  • Talla e escultura en madeira

  • Modelado e escultura en barro

  • Olería

Calendario

  • Do 1 de outubro de 2025 ao 30 de xuño de 2026

  • Organización de grupos e horarios segundo matrícula

O material específico de traballo (pintura, lenzos, molduras, etc.) será achegado polo alumnado.

Inscrición

  • Prazo: do 1 ao 30 de setembro de 2025

  • Lugar: Centro Cultural “Marcos Valcárcel” (rúa Progreso, nº 30, Ourense)

  • É necesario presentar o formulario normalizado e o xustificante de pago da matrícula no momento da inscrición.

Prezos

  • Matrícula anual: 75 €

  • Descontos:

    • 25 € para segundo e seguintes membros da mesma unidade familiar

    • Bonificación do 100% para persoas desempregadas, con discapacidade igual ou superior ao 33%, e para persoas con síndrome de Down.

Máis información

A programación completa e condicións de inscrición están dispoñibles no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e na sede electrónica da Deputación de Ourense:
https://sede.depourense.es

 

BOP Ourense

Comments