O Concello de Oia convoca a 1ª edición dos Premios á Excelencia Académica 2024/20255
O Concello de Oia vén de anunciar a posta en marcha da primeira edición dos Premios á Excelencia Académica, unha iniciativa destinada a recoñecer e premiar o esforzo e rendemento do alumnado empadroado no municipio durante o curso 2024/2025.
Obxectivo
O programa busca poñer en valor o traballo do estudantado con mellores expedientes, incentivando a cultura do esforzo e a superación persoal.
Persoas beneficiarias
Poderán optar aos premios as alumnas e alumnos que cumpran estes requisitos:
-
Estar empadroados/as en Oia dende o inicio do curso 2024/2025.
-
Estar matriculados/as no último curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato ou FP de Grao Medio no devandito curso.
-
Ter unha nota media mínima de 9 puntos en toda a etapa educativa correspondente.
Dotación
O importe total destinado aos premios ascende a 2.000 euros, distribuídos en función da etapa educativa e da posición acadada.
Prazo de solicitude
As solicitudes poderán presentarse do 1 ao 30 de setembro de 2025.
O texto íntegro da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.




Comments