Ir o contido principal
estudante caderno

O Concello de Oia convoca a 1ª edición dos Premios á Excelencia Académica 2024/20255

O Concello de Oia vén de anunciar a posta en marcha da primeira edición dos Premios á Excelencia Académica, unha iniciativa destinada a recoñecer e premiar o esforzo e rendemento do alumnado empadroado no municipio durante o curso 2024/2025.

Obxectivo

O programa busca poñer en valor o traballo do estudantado con mellores expedientes, incentivando a cultura do esforzo e a superación persoal.

Persoas beneficiarias

Poderán optar aos premios as alumnas e alumnos que cumpran estes requisitos:

  • Estar empadroados/as en Oia dende o inicio do curso 2024/2025.

  • Estar matriculados/as no último curso de Educación Primaria, ESO, Bacharelato ou FP de Grao Medio no devandito curso.

  • Ter unha nota media mínima de 9 puntos en toda a etapa educativa correspondente.

Dotación

O importe total destinado aos premios ascende a 2.000 euros, distribuídos en función da etapa educativa e da posición acadada.

Prazo de solicitude

As solicitudes poderán presentarse do 1 ao 30 de setembro de 2025.

O texto íntegro da convocatoria pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.

Comments