Skip to main content
joven

Subvención para entidades locais que contraten persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil,no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia cofinanciada con la Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021/2027.

Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades locais para a contratación durante nove meses de persoas mozas, inscritas como demandantes nos servizos públicos de emprego e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Prazo: 

Do 23 de agosto ao 22 de setembro de 2025.

Requisitos: 

1. Terase en conta a Iniciativa galega de concellos emprendedores

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as entidades nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os servizos que se desenvolvan ao abeiro desta orde deberán posibilitarlles ás persoas contratadas realizar un traballo efectivo en tarefas relacionadas cos fins das entidades beneficiarias (tanto entidades locais como organismos intermedios), que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo, e non estar afectos ao desenvolvemento dunha actividade económica conforme o establecido pola xurisprudencia europea (entenderase por actividade económica calquera actividade consistente na subministración de bens ou servizos nun mercado determinado), e deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que sexan prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa.

b) Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos en tarefas relacionadas cos fins da entidade beneficiaria sexa como mínimo de 9 meses e a xornada a tempo completo, ao ser esa a duración e a xornada máxima subvencionable.

d) Que a entidade beneficiaria dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo dos gastos non subvencionables .

Máis información: 

Doga

 

 

Comments