I Congreso de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade
A Cátedra Unesco Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade da Universidade de Vigo promove o I Congreso Internacional de Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade, que terá lugar do 17 ao 19 de setembro no campus de Pontevedra, coa Escola de Enxeñaría Forestal como sede central.
O congreso poderá seguirse tanto de xeito presencial como virtual e engloba no seu programa cinco conferencias plenarias, 21 simposios, cinco mesas de expertos, seis sesións aplicadas e a presentación de máis de 120 comunicacións.
Datas:
17 de setembro ás 10:00 h, 18 de setembro ás 9:30 h e 19 de setembro ás 9:30 horas
Dirixido a:
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo.
Organiza:
Cátedra Unesco Educación transformadora: ciencia e comunicación e sociedade
Lugar:
Escola de Enxeñaría Forestal
Campus Universitario da Xunqueira. A Xunqueira, S/N
36005 Pontevedra
Máis información:
www.uvigo.gal




Comments