Adéstrate fronte ao discurso de odio e á discriminación
Ecos do Sur organiza tres cursos gratuítos:
Curso 1: Discurso de odio, bulos e algoritmos nas redes sociais
Do 14 ao 24 de outubro. Aprenderás a elixir a mellor estratexia de resposta cando te atopes con contidos de odio en internet.
Curso 2: Discriminación e delitos de odio: Que facer se son vítima ou testemuña?
Do 29 de outubro ao 5 de novembro. Coñecerás como identificar os casos de discriminación e delitos de odio, así como os recursos para denuncialos de forma segura.
Curso 3: Protéxete dos ataques extremistas: estratexias para persoas defensoras de dereitos.
Do 11 ao 18 de novembro. Descubrirás quen está detrás do descrédito ás organizacións de Dereitos Humanos e como operan.
Inscricións:
Ata o 8 de outubro nesta ligazón.
Máis información




Comments