I Andaina Solidaria En Marcha contra o Cancro
A Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela organiza a I Andaina Solidaria En Marcha contra o Cancro que terá lugar o próximo 24 de setembro con saída desde a emblemática Alameda.
As inscricións xa están abertas e poden realizarse na páxina web ou na sede da Asociación en Santiago (Avda. Barcelona, 29, baixo). A inscrición estará aberta ata o próximo 22 de setembro ás 15:00 horas.
A Asociación escolleu o 24 de setembro como data de celebración por ser o Día Mundial de Investigación Contra o Cancro, efeméride coa que se pretende concienciar sobre a importancia da investigación nesta enfermidade co fin de aumentar a súa supervivencia.
Por iso, ademais da andaina, poderase visitar a Feira Divulgativa “Ciencia para todos”, na que participarán organismos como o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e o grupo ONCOMET e os seus investigadores, co obxectivo de achegar a ciencia a todos os participantes e amenizar a xornada con diferentes experimentos adaptados para os máis pequenos.
Máis información:
https://www.contraelcancer.es/es/actualidad/noticias/inscripciones-abertas-andaina-solidaria-santiago-compostela-marcha-contra-ou-cancro




Comments