CO(M)XÉNERO
‘A brigada invisible. Kellys, criadas e internas saen a escena’, o programa do 12 CO(M)XÉNERO aborda unha máis das múltiples violencias que as mulleres sofren “ao ser asociadas ao traballo mal remunerado dos coidados e que convén analizar desde as súas representacións e ocultamentos”, explican dende o grupo de Estudos Audiovisuais da USC.
O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero da Facultade de Ciencias da Comunicación botará a andar o 4 de novembro, ás 16.30 horas, coa intervención de Vania Arana e Georgina Cisquella.
O foro estenderase ata o día 5 e a inscrición pode formalizarse de balde, ata o 31 de outubro, a través dun formulario en liña.
A actividade está aberta ao público en xeral, mais diríxese especialmente a profesionais e persoal investigador no eido das ciencias da comunicación, estudantes do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas e estudantes dos graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
Máis información:
www.usc.gal




Comments