Obradoiro de videoxogos no Culturgal Expandido de Ribeira
👀 Tes entre 12 e 17 anos e eres afeccionado aos videoxogos? No Culturgal de Ribeira temos un espazo para ti!
📌 O sábado 25, ás 13:00 horas no Auditorio Municipal de Ribeira, obradoiro ‘Pensa teu guión de videoxogo’, da man de 'O Demo Game Jam'.
✅Exploraremos os fundamentos do deseño de videoxogos: dende como xorden as ideas ata como se planifica unha experiencia de xogo divertida e equilibrada.
As persoas participantes aprenderán a crear o seu propio documento de deseño de videoxogo (Game Design Document)
👍 Ademais, falarase sobre que é unha Game Jam e como funciona.
⏳ Prazas limitadas! Inscríbite xa en culturgal.obradoiros@gmail.com




Comments