A Agasp convoca cursos descentralizados do curso básico de protección civil
Requisitos
As persoas interesadas deberán:
-
Estar inscritas como candidatas a voluntarias na súa correspondente Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil (AVPC) do Rexistro da Comunidade Autónoma.
-
Acreditar non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible coa actividade.
Inscrición
A inscrición realizarase exclusivamente a través da web da Agasp ata o 27 de outubro de 2025, incluído.
Máis información
Para calquera dúbida ou incidencia técnica, pódese contactar cos teléfonos 886 20 61 37 / 886 20 61 38 / 886 20 61 11 ou co correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal.




Comments