Cultura para todas
Cultura máis accesible!
Estamos traballando en 3 xornadas sobre accesibilidade na cultura, dentro do marco de #ACulturaÉUnDereito da @culturadadeputaciondacoruna, baixo o título 'Cultura para todas: acceso e inclusión nas actividades culturais', dirixidas a responsables de cultura dos concellos e tamén a programadoras privadas, integrantes de asociacións culturais e profesionais con interese na accesibilidade.
📅 A primeira será o próximo xoves 23 en #Carballo (dentro do @fiotcarballo) e as seguintes en #Compostela e #Betanzos, todas en horario de 16:00h a 20:00h.
🔹Xoves, 23 de outubro de 2025, Salón de Actos do Pazo da Cultura (Carballo)
🔹Martes, 11 de novembro de 2025, Centro Sociocultural de Fontiñas (Santiago de Compostela)
🔹Xoves, 13 de novembro de 2025, Salón azul (Betanzos)
➡️ INSCRICIÓN PREVIA!
.
🛠️ Van ter un enfoque práctico para coñecer barreiras e medidas concretas da man de profesionais con ampla experiencia: Aitana García (Técnica especialista en accesibilidade cognitiva e sensorial na Federación @autismogalicia), @francarreira (Arquitecto e asesor voluntario en accesibilidade universal) e Rubén Capelán de MADA, como xestor cultural especializado en accesibilidade cultural e tamén coordinador das xornadas. Ademais, na parte final teremos un tempo para que nos plantexedes os vosos casos e dúbidas concretas.
👉 Esperamos que vos inscribades se vos resultan interesantes e agradecemos compartades a info con quen queirades, imos centrarnos moito en que sexan útiles para as nosas actividades culturais!




Comments