Skip to main content
formacion

Escola a Ceo Aberto: Ferramentas didácticas para naturalizar o currículo e fomentar o vínculo coa natureza

Atención profesorado, educadores/as ou persoas interesadas pola educación ao aire libre! Queres levar o currículo fóra da aula e conectar o teu alumnado coa natureza?

Lanzamos nova actividade formativa: “Escola a Ceo Aberto: Ferramentas didácticas para naturalizar o currículo e fomentar o vínculo coa natureza”, que pretende:

✅ Facilitar ferramentas didácticas e metodolóxicas para reconectar o alumnado coa natureza.
✅ Propoñer actividades ao aire libre que integren contidos curriculares de calquera materia.
✅ Fomentar un vínculo afectivo co territorio e coa contorna próxima (topofilia).

👩‍🏫 Imparte: Paqui Godino @latraviesaediciones, bióloga e educadora ambiental con ampla experiencia en proxectos de reconexión coa natureza.

🗓 Do 24 ao 26 de outubro.
📍 Castelo de Santa Cruz, Oleiros.
✔️ Curso gratuíto
✔️ Prazas limitadas.
🔗 Inscrición e máis información:
www.ceida.org

Comments