Skip to main content
cuvi25

Curtas Festival do Imaxinario

Curtas Festival do Imaxinario convoca a súa 53ª edición, que do 24 de outubro ao 2 de novembro desenvolverá unha ampla programación con máis de 100 filmes de 36 países en formato curtametraxe e tamén longas, 17 delas estreas mundiais e 29 en España, e poñendo ademais o foco no talento galego.

O encontro arrancará o próximo 24 de outubro coa apertura da exposición Monstrorama ás 20,00 h. no Salón García.
Ás 20,30 h. no mesmo espazo está programada a estrea mundial da curtametraxe Cosa Mala, do realizador galego Gero Costas, unha peza sobre un artista que recibe un misterioso encargo coa promesa de abrirlle novas portas.

En Curtas Festival do Imaxinario están previstas 13 estreas, entre as que destacan Camping Coyote, de Chico Morera, Unprovidence, de Victor Marín, Tap Tap, de Fernando Camacho, Update, de Luca Violante, Kin Akhten, de Reza Mirzaei, e Echo, de Victoria Catherine Long. A selección complétase con catro estreas internacionais, seis europeas, 23 en España e 26 en Galicia, unha carteleira que levará o público pola variedade do xénero, á vez que reforzará a proxección exterior do festival.

A programación articúlase arredor da sección oficial Arrepíos, con 33 títulos de terror e suspense, e complétase con Feito en Galicia (con obras de creación galega), Novos Horizontes (dedicada a novas formas de narrativa e experimentais) e Outras Realidades (sobre contextos máis afastados).

Máis información:
https://curtas.org/es/inicio/?mode=grid

 

Comments