V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA- A LARACHA NO OBXECTIVO
O concurso é gratuíto e poderán acceder as persoas físicas maiores de idade que o soliciten segundo o modelo incluído no Anexo 1. Así como, as persoas físicas menores de idade, que ademais deberán estar debidamente autorizadas, segundo o modelo incluído no Anexo 2.
3. TEMÁTICA
A fotografía deberá mostrar o patrimonio natural ou o patrimonio cultural -material e inmaterial- do concello da Laracha. É obrigatorio que o lugar ou entorno sexa do concello da Laracha, e como tal sexa recoñecible. Non se admitirán aquelas fotografías que non cumpran este requisito.
4. NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DAS IMAXES
Cada concursante poderá presentar un máximo de 3 fotografías inéditas que non poden estar xa seleccionadas ou premiadas en ningún outro certame ou concurso, en cor ou branco e negro, e coas seguintes características:
- O soporte será obrigatoriamente dixital. As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 3000 x 2000 píxeles, e os formatos admitidos serán JPG, TIFF e PNG.
- Cada fotografía debe levar un título como nome de arquivo.
- No caso de fotografías retocadas, é preciso xuntar os ficheiros orixinais coa seguinte denominación: título, seguido de guión baixo, seguido da palabra “orixinal” (isto é: título da foto orixinal). Só se admitirán axustes básicos (cor, temperatura, enfoque, brillo e contraste). Quedarán excluídas as fotografías con importantes retoques ou alteracións, tanto manuais ou dixitais.
5. FORMA DE PRESENTACIÓN
As fotografías poderán presentarse de dous xeitos:
a) De forma presencial:
- Nun sobre escribirase de forma visible: IV Concurso de fotografía “A Laracha no obxectivo”.
- No interior deste sobre incluirase un CD ou lapis de memoria que conteña exclusivamente as fotografías presentadas, co seu título, como nome do arquivo
- Incluirase un documento cos seguintes datos:
I. O documento correspondente ao Anexo 1, no caso de maiores de idade, ou o Anexo 2, no caso de menores de idade.
II. Un documento de libre configuración no que se inclúa o título de cada unha das fotografías, cunha breve explicación do lugar e data na que foi realizada.
b) De forma telemática:
- Achegaranse as fotografías a través de algún servicio de transferencia de arquivos (WeTransfer, Dropbox ou similares), á dirección de correo electrónico para o envío das fotografías será turismo@alaracha.gal.
- As fotografías deben aparecer anexadas, co seu título, como nome do arquivo.
Incluirase un documento cos seguintes datos:
I. O documento correspondente ao Anexo 1, no caso de maiores de idade, ou o Anexo 2, no caso de menores de idade.
II. Un documento de libre configuración no que se inclúa o título de cada unha das fotografías, cunha breve explicación do lugar e data na que foi realizada.
O tempo para inscribirse é de 25 días desde o 16/10/2025.
Para máis información consultar o enlace ó bop: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/16/2025_0000006661.html




Comments