Skip to main content
semddhhusc25

II Seminario de Dereitos Humanos e Migracións

O II Seminario de Dereitos Humanos e Migracións celebrarase o 23 de outubro no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, nesta ocasión dedicado aos cambios producidos en 2025 na normativa de estranxeiría e como afectarán as persoas migrantes.

O programa dará comezo ás 9.15 horas coas intervencións de María Teresa Bustamante Fernández, avogada e presidenta da Asociación de Migrantes de Galicia - AMIGA e de Marta Lois González, decana da Facultade anfitrioa.
A continuación, terá lugar unha mesa sobre os retos do sistema de acollida de Protección Internacional en España da man de Lucía Maquieira Caeiro, directora da Red Acoge.
A segunda mesa, ás 11.30 horas, versará sobre 'Análise e valoración aos 100 días do novo regulamento' e nela intervirán Elena Maison Díaz de la Rocha, coordinadora xurídica da Asociación Ecos do Sur: A violencia sobre a muller no novo regulamento; Beatriz García Méndez, avogada de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela; e Gonzalo Sáez Martinsanz, avogado da Asociación Arraianas de Santiago de Compostela.

No encontro analizaranse os cambios e as posibles solucións nos casos máis vulnerables e verase como afecta o novo regulamento ás persoas que queren vir a España desde o seu país de orixe, como é a nova tarxeta para familiares de españois, os cambios relacionados coa protección internacional ou coas vítimas de violencia de xénero.

Máis información e inscricións:
info@amiga.gal

Comments