Curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Miño
A Escola de Tempo Libre Querqus convoca o curso de monitor/a de actividades de tempo libre en Miño.
Datas: Sábado 29 de novembro- sábado 28 de febreiro de 2026.
Horario:9 a 14 horas e de 15,30 a 20,30 horas. O curso celébrase en fins de semana; as clases serán en sábados e domingos.
Semi Presencial. 350 horas repartidas do seguinte xeito:
• 180 horas teorico-prácticas presenciais; as clases presencias serán na Aula de Formación situada na Casa do Pescador (rúa Curro 33, Miño). Outras clases presenciais (saídas e actividades fora da aula) desenvolveranse en diferentes espazos do municipio ou da comarca (sendeirismo, orientación, medio ambiente, campismo, etc...).
• 20 horas teóricas a distancia;
• 150 horas de prácticas; cada alumno/a terá un titor/a que orientará ó/a alumno/a do curso nas súas prácticas. As prácticas se desenvolverán unha vez se teña superada a fase teórico-práctica (o curso)
Prazas: Mínimo de 16 alumnos para celebrar o curso (máximo de 25) .
Requisitos:
-As persoas participantes deben ser maiores de idade e
-Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: ESO, Graduado escolar ou Técnico auxiliar en formación profesional.
Documentación necesaria: 1 foto carné, copia DNI, copia título académico, encher a ficha do curso, xustificante do prezo (documento que acredite o desconto, volante de empadronamento, etc...)
Prezos:
-Tarifa xeral (empadroados):250,00 euros
-Suplemento non empadroado:30,00 euros
-Desconto por ser colaborador/a ou voluntario/a da Fundación Fragas do Mandeo:20,00 euros
-Desconto por Familia numerosa:20,00 euros
-Desconto por desemprego:15,00 euros
-Desconto por carné xove:10,00 euros
Máis información:
Escola de Tempo Libre “QUERQUS”
Concello de Miño
981 784 405 – 981 782 659
Tlf. 627 459 382
cultura.deportes@concellodemino.gal




Comments