Prevención da explotación sexual na infancia e na adolescencia.
O obxectivo xeral da formación sobre explotación sexual infantil é proporcionar ferramentas e habilidades aos profesionais que interveñen (ou intervirán) con menores baixo tutela, custodia ou protección en Galicia.
Os obxectivos específicos son:
-Xerar coñecemento sobre o fenómeno da explotación sexual infantil e adolescente en España.
- Mellorar a capacidade de detectar indicios e as consecuencias psicosociais da explotación sexual infantil e adolescente.
-Formar aos profesionais para intervir coas vítimas.
Datas: Martes 4 e mércores 5 de novembro de 2025 (de 9:30 a 14:00 h)
Lugar:Sede do CEESG R/ Lisboa 20, Baixo C, Santiago de Compostela 15707
Matrícula: Gratuíta. Dáse preferencia ás inscricións a colexiados, pero aberta a todos.
Inscricións: Na páxina web do CEESG: ceesg.gal. Data límite de inscrición: 31 de outubro de 2025
Convoca: Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Colabora: Médicos do Mundo, xunto con outras catro entidades (Fundación Cruz Branca, Mujeres en Conflito, APRAMP e Proxecto Esperanza)
Máis información:
https://ceesg.gal/curso-prevencion-dá-explotacion-sexual-na-infancia-e-adolescencia/




Comments