39 Festival Internacional Cineuropa
A nova edición do Festival Internacional Cineuropa desenvolverase do 7 ao 23 de novembro.
O evento cinematográfico comezará a súa andaina o xoves 7 de novembro no Teatro Principal ás 20.00 horas coa proxección do filme Ao grande, premio do público de San Sebastián.
Este ano o Premio Cineuropa será para Alberto Gracia, Flávia Castro e Ingrid García-Jonsson e o festival ofrecerá especial atención ás eleccións estadounidenses, proba diso é a sección paralela Henry Fonda for President: Ou corazón do cinema é a liberdade.
Ademais das seccións oficiais (Sección Europea, Panorama Internacional, Docs Cineuropa, Panorama Audiovisual Galego e Novos/as Cineastas), o festival contará na súa programación cos concertos da Banda Municipal de Santiago, o domingo 16 de novembro na Praza das Praterías ás 12.00 horas, e da Real Filharmonía de Galicia, o xoves 21 de novembro ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia, ademais de encontros e obradoiros con profesionais do sector.
Os prezos das entradas serán:
-Ordinaria, 4 euros.
-Abono de 10 películas, 30 euros.
-Catálogo, 2 euros.
-Maratón Cineuropa, 6 euros.
Máis información:
https://cineuropa.gal/




Comments