 
 
				Subvencións municipais do Concello de Cerceda a deportistas, entidades culturais, deportivas e ANPAS (2025)
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán solicitar estas subvencións:
- 
	As entidades culturais ou deportivas inscritas (ou con solicitude en tramitación) no Rexistro Municipal de Asociacións. 
- 
	As ANPAS legalmente constituídas. 
- 
	Os/as deportistas non profesionais empadroados/as en Cerceda cunha antigüidade mínima de dous anos, con licenza federativa e que destaquen en competicións oficiais. 
As persoas ou entidades solicitantes deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, a Seguridade Social e o Concello de Cerceda, así como da xustificación de subvencións concedidas en exercicios anteriores.
Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
As solicitudes presentaranse exclusivamente por vía telemática a través da Sede electrónica do Concello de Cerceda:
Máis información
As bases completas da convocatoria e os anexos de solicitude e xustificación poden consultarse na Sede electrónica do Concello de Cerceda:
 




Comments