Ir o contido principal
deporte

Subvencións municipais do Concello de Cerceda a deportistas, entidades culturais, deportivas e ANPAS (2025)

Persoas e entidades beneficiarias

Poderán solicitar estas subvencións:

  • As entidades culturais ou deportivas inscritas (ou con solicitude en tramitación) no Rexistro Municipal de Asociacións.

  • As ANPAS legalmente constituídas.

  • Os/as deportistas non profesionais empadroados/as en Cerceda cunha antigüidade mínima de dous anos, con licenza federativa e que destaquen en competicións oficiais.

As persoas ou entidades solicitantes deberán estar ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, a Seguridade Social e o Concello de Cerceda, así como da xustificación de subvencións concedidas en exercicios anteriores.

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes é de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As solicitudes presentaranse exclusivamente por vía telemática a través da Sede electrónica do Concello de Cerceda:

Máis información

As bases completas da convocatoria e os anexos de solicitude e xustificación poden consultarse na Sede electrónica do Concello de Cerceda:
 

Comments