Skip to main content
OBRADOMIUSC25

Obradoiro familiar sobre o valor dos ósos humanos arqueolóxicos para a vida e a saúde.

 O Museo Universitario Domus do Mitreo da USC organiza para o sábado 8 de novembro un obradoiro para toda a familia no que se descubrirá como os ósos humanos arqueolóxicos nos axudan a entender a vida e a saúde das persoas en tempos pasados.

O obradoiro ‘Unha autopsia arqueolóxica: o que os ósos do pasado nos contan’, que impartirá o profesor de Prehistoria da USC Edgar Camarós, será ás 11.30 horas e terá unha duración aproximada dunha hora

O obradoiro está recomendado a partir de 8 anos e ten prazas limitadas.

Máis información:
Teléfono: 610 323 926
museomitreo.lugo@fundacionusc.gal
https://adomusdomitreo.com/

 

Comments