A Academia Galega de Seguridade Pública convoca cursos de formación continua para responsables das agrupacións de voluntariado de protección civil
A Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) convoca novos cursos de formación continua dirixidos ás persoas responsables das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao segundo semestre do ano 2025.
Dúas accións formativas presenciais dirixidas ao persoal voluntario con responsabilidades nas AVPC:
- “A comunicación coa prensa nos servizos de emerxencias”, terá unha duración de 8 horas lectivas, contará cun máximo de 20 prazas e celebrarase o 20 de novembro nas instalacións da AGASP, en A Estrada.
- “Xestión operativa e mando (nivel 1)”, cunha duración total de 24 horas lectivas, 24 prazas dispoñibles e desenvolverase os días 19, 20 e 21 de novembro, tamén en modalidade presencial.
Toda a información relativa ao contido destas actividades, así como os requisitos e o proceso de inscrición, pode consultarse na páxina web da AGASP: http://agasp.xunta.gal
Requisitos principais
-
Ter superado o curso básico de protección civil.
-
Ser voluntario/a activo/a nunha AVPC inscrita no Rexistro de Agrupacións de Voluntarios/as de Protección Civil de Galicia.
-
Acreditar os requisitos mediante informe da agrupación correspondente.
-
Non padecer enfermidade ou limitación que impida o seguimento da formación.
Solicitudes
-
Deben presentarse exclusivamente por vía telemática a través da páxina web da Agasp: http://agasp.xunta.gal
-
É necesario estar rexistrado/a como usuario/a da web para cubrir o formulario de matrícula.
-
As persoas seleccionadas recibirán a comunicación por correo electrónico e/ou mensaxe ao móbil.
Prazo de inscrición
Ata o 10 de novembro de 2025, contado desde o día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Máis información
Web: http://agasp.xunta.gal
Correo: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
Teléfonos: 886 20 61 37 / 886 20 61 38 / 886 20 61 11




Comments