Skip to main content
ciencia singular

Ciencia Singular

A novena edición de Ciencia Singular abrirá o 8 de novembro as portas da investigación punteira feita na USC á sociedade.

A inscrición para participar nesta xornada, na que CiQUS, CiMUS, CiTIUS, IGFAE e CRETUS amosarán o seu labor científico á cidadanía, comeza este mércores 29, ás 16.00 horas.

O obxectivo da xornada é transmitir á sociedade a relevancia da investigación que se desenvolve nestes centros. Así, dun xeito ameno e accesible, a través de obradoiros interactivos, experimentos, visitas guiadas e charlas divulgativas, centos de visitantes poderán descubrir como se traballa en áreas como a química, as tecnoloxías intelixentes, a medicina molecular, a física de partículas ou as ciencias ambientais. Ciencia Singular tamén procura fomentar vocacións científicas desde idades temperás, polo que o programa inclúe actividades para o público máis novo. 

Máis información

USC

Comments