Skip to main content
NERDNITEUSC25

Nerd Nites

As Nerd Nites, conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos falan nun ton distendido e fóra do ámbito académico das disciplinas que os apaixonan, regresan o 13 de novembro coa ollada posta na mecánica cuántica.

A primeira sesión deste curso desenvolverase, ás 20.30 horas, na Nave de Vidán e enmárcase nos actos que integran a Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia.

A sesión do xoves 13 servirá para achegarse á cuántica deste diversas perspectivas, como os reloxos cuánticos, a supercondutividade ou a influencia dos raios cósmicos na computación cuántica, da man, respectivamente, de Angel Paredes Galán, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo; Jesús Mosqueira Rey, catedrático de Física da Materia Condensada da USC; e Carolina Filgueira Rama, investigadora do IGFAE.

Con este programa a Nerd Nite súmase á conmemoración, neste 2025, do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas, coincidindo co centenario da publicación, en 1925, dalgúns dos artigos que sentaron as bases da mecánica cuántica, coa conseguinte revolución da nosa comprensión do mundo natural.

Máis información:
https://santiagodecompostela.nerdnite.com/

Comments