Skip to main content
PLANBAULAS

En plan ben. Aulas saudables

O programa está pensado para centros educativos públicos de concellos de reto demográfico da provincia de Pontevedra nos que se imparta ESO ou bacharelato.

En cada centro, participarán na actividade:
-Alumnado: dous grupos de entre 25 e 30 persoas cada un, elixidos polo centro.
-Profesorado e o equipo de orientación.
-Familias e anpa: preferiblemente as dos grupos participantes.

O programa divídese en tres tipos de sesións, adaptadas a cada grupo:

1.Sesións formativas co alumnado: dous ciclos de obradoiros interactivos, de 4 horas cada un, un para cada grupo de alumnas e alumnos.
Poderán versar sobre algunha das seguintes cinco temáticas:
-Autolesións, ideación suicida e pensamentos negativos e intrusivos.
-Diversidade, imaxe corporal e trastornos de conduta alimentaria.
-Acoso escolar (bullying), ciberacoso (ciberbullying) e mensaxes de odio.
-Consecuencias do uso da pornografía e outras violencias sexuais.
-Utilización de substancias e condutas abusivas.

2.Capacitación docente: unha serie de obradoiros de 4 horas para o profesorado e o persoal de
3.Intervención coas familias ou anpas: un obradoiro de 2 horas no que se abordarán recursos para a prevención en materia de saúde mental no fogar.

O programa desenvolverase durante o curso 2025/2026 e prevese que comece no mes de decembro de 2025.

O centro educativo terá a flexibilidade de distribuír as horas dos obradoiros, en coordinación coa entidade social encargada da xestión do programa e en función da súa dispoñibilidade.

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 14 de novembro de 2025.
Estas deberá presentalas o centro educativo a través da Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/).

Máis información:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/10/27/2025070221

 

Comments