Skip to main content
CONINXEUSC

Congreso Internacional sobre Estudos de Xénero na Era Dixital

O Congreso Internacional sobre Estudos de Xénero na Era Dixital, organizado polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero da USC (CIFEX) e o Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra é un encontro para o debate intelectual, a investigación innovadora e a colaboración sobre as tecnoloxías dixitais e os modos en que estas, coa súa rápida evolución, poden influír nas relacións de xénero.

O congreso contará con conferencias de especialistas en estudos de xénero e transición dixital, así como con discusións en mesas de debate sobre os temas relevantes.

En concreto, haberá catro áreas temáticas: 'Transformación Dixital e Desigualdades de Xénero', 'Relacións de Xénero en Espazos Virtuais', 'Intelixencia Artificial: Desafíos e Oportunidades para os Estudos de Xénero' e 'Ciberfeminismo(s)'.

Máis información:
https://cifex.usc.gal/conxed/gl

Comments