Skip to main content
25AMULU25

25 anos da Muralla como Patrimonio Mundial

O Concello de Lugo na semana da grande celebración da Muralla conta cunha programación que inclúe preto de 15 actividades, desde o 12 ao 30 de novembro.

Grupos de teatro, corais e baile intervirán nun programa que combina actos deportivos, institucionais, xornalísticos ou de maxia con concertos de música clásica e de jazz.

-O 13 de novembro, dentro do programa de concertos do Festival de Jazz de Lugo, terá lugar a actuación do grupo March Mallow, no Círculo das Artes.

-O 19 de novembro terá lugar unha das grandes actuacións deste programa, a do pianista James Rhodes no auditorio Fuxan os Ventos.

-Actuacións do Mago Rafa, os días 22, 23, 29 e 30 de novembro en horarios de mañá e tarde, no centro da cidade.

-O 27 de novembro, o Concello de Lugo colaborará nunha iniciativa na que participan empresas lucenses e a comunidade educativa para rodear a Muralla e darlle un abrazo quilométrico por estes 25 anos de distinción.

-O día 27, no MIHL, «Cociñando Contos», unha actividade destinada ao público familiar a partir das 18:00.

-O día 29, Lugo vivirá unha noite máxica que comezará co desfile das asociacións de recreación histórica do Arde Lvcvs.

Máis información:
https://www.viralagenda.com/es/p/v-Lugo?locale=gl

Comments