Programa Santander X Explorer
A USC súmase á edición número 22 do programa Santander X Explorer, impulsada polo Banco Santander . O programa, sen custo para as persoas participantes, está aberto a emprendedores de 13 países (Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, EEUU, España, Paraguai, Perú, Portugal, Reino Unido e Uruguai).
O prazo de inscrición finaliza o 2 de decembro nos campus de Lugo e Santiago.
A formación en liña con metodoloxía “learning by doing”, a validación das ideas de negocio e o desenvolvemento das habilidades necesarias para transformar proxectos en solucións viables e rendibles son as ferramentas que atopan os participantes en Santander X Explorer.
Ao longo de 12 semanas, asistirán a sesións de resolución de dúbidas con especialistas, a sesións de traballo cos seus compañeiros e a charlas sobre emprendemento con fundadores de startups e figuras de relevancia internacional.
O USC Santiago de Compostela Space atópase no Edificio Emprendia, núcleo da Transferencia de Coñecemento, Innovación e Emprendemento do Campus Vida, proporcionado aos participantes un espazo coworking e ferramentas para a incubación e a formación, tanto presencial como virtual.
O USC Lugo Space está na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE), dentro do Campus Terra, que xa conta cun espazo coworking a disposición dos emprendedores. A Facultade de Administración e Dirección de Empresas eríxese como un espazo universitario para a creación de valor económico-social, sendo o emprendemento un dos eixos chave para chegar a tal fin.
Os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto na Fundación CEL, que colaboran activamente na difusión e desenvolvemento do programa entre o seu tecido empresarial.
As actividades destes Explorer Space intégranse no programa de emprendemento USC Emprende da USC que se xestiona dende a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE).
Máis información:
https://app.santanderx.com/calls/explorer-2026-primera-edicion




Comments