Skip to main content
CONLOUUSC25

Concerto de 9Louro

9Louro, o proxecto persoal de Martín Louro, un rapaz de 20 anos de Muros, actuará no Outono Cultural.

O concerto está programado para o xoves 20 de novembro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade.

As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 20.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa.

O acceso ao concerto farase a partir das 20.50 horas.

Máis información:
https://www.usc.gal/gl/edificio/igrexa-universidade

Comments