Congreso Internacional Xacobeo ‘O Camiño de Santiago, encontro de culturas. Unha filosofía da hospitalidade’
Os días 13, 14 e 15 de novembro desenvolverase o Congreso Internacional Xacobeo que organiza a Academia Xacobea, en colaboración coa Sociedade Interuniversitaria de Filosofía, a Sociedade Galega de Estudios Nipóns e o Foro Galicia Milenio.
A xornada do día 13, no Hostal dos Reis Católicos, conformará o 'I Encontro Internacional Xacobeo' no que participará profesorado de diversas universidades de España e Europa que son membros da Academia Xacobea para reflexionar sobre a importancia do Camiño de Santiago como encontro de culturas.
O venres 14 o congreso trasládase á Facultade de Filosofía da USC e estará dedicado, na sesión de mañá ao V Simposio Internacional de Estudios Nipóns e na sesión de tarde aos XVIII Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago.
O sábado 15 de novembro, a sesión terá lugar na sede Afundación da Rúa do Vilar e desenvolverá o V Simposio Internacional de Pensamento Galego. Nesta ocasión, o foro centrarase na figura de Castelao, que diversos profesores da USC tratarán baixo unha mirada filosófica da obra deste rianxeiro universal.
Máis información:
www.usc.gal




Comments