“Cantareiras: tradición e legado”
Coincidindo co día do Patrimonio Cultural, este domingo chega á súa fin o ciclo literario e cultural “Follas de Outono”
O acto central do programa pretende render unha merecida homenaxe á figura das Cantareiras, recoñecidas este ano do Día das Letras Galegas polo seu papel fundamental na preservación da nosa tradición oral e musical.
Baixo o título “Cantareiras: tradición e legado”, o encontro terá lugar este domingo ás 18:00 horas no Auditorio de Baio e nel misturaranse as conversas e a música coa pretensión de ofrecer un emotivo recoñecemento a todas as cantareiras de Galicia.
No acto participarán Fina Casalderrey, numeraria da Real Academia Galega; os grupos de pandereterias da Asociación Cultural Adro e as convidadas Clarisa Santos Amigo e Matilde Ferreiro Carballo; veciñas de Pudenza e dúas das moitas informantes do municipio. A xornalista Patricia Blanco, con orixes en Zas; e o mestre de música e baile tradicional Álex Ínsua.




Comments