III Xornada Igualdade para o estudantado internacional
A Vicerreitoría de Internacionalización e a Unidade de Igualdade organizan a terceira Xornada de igualdade para o estudantado internacional Avanzando en igualdade: construíndo unha UVigo libre de violencias machistas con Bárbara Tardón Recio, investigadora, consultora e activista experta en violencias sexuais e de xénero.
A xornada incluirá dinámicas participativas, estudos de caso e espazos de reflexión colectiva, co fin de crear unha experiencia enriquecedora para todas as persoas asistentes.
Inscrición na web das xornadas.
Data de celebración: 20 de novembro ás 14:00 horas.
Dirixido a: Estudantes
Organiza: Vicerreitoría de Internacionalización e Unidade de Igualdade
Lugar:
Edificio Miralles
Praza Miralles s/n
36310 Vigo




Comments