Sprint de Innovación
O Sprint de Innovación, unha nova actividade do Programa USC Emprende, para persoas creativas e con interese polo emprendemento, desenvolverase o 21 de novembro, a partir das 11.30 horas, na Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE) do Campus de Lugo.
Trátase dunha sesión de formación deseñada para xerar e visualizar ideas innovadoras e con impacto a través da metodoloxía Design Sprint, unha experiencia de innovación aberta para crear e validar ideas de forma áxil, na que se resolven retos nun período curto de tempo, de xeito transversal e colaborativo.
A actividade diríxese a estudantado de grao e mestrado da EPSE ou doutras titulacións que deben formalizar a inscrición, ata o 20 de novembro, a través dun formulario en liña.
A comunidade universitaria participante entra a formar parte da comunidade USC Emprende para desenvolver o seu espírito emprendedor, aprender novas habilidades e descubrir novas posibilidades para os seus proxectos.
Esta actividade computará para a obtención de 1 ECTS no marco do USC Emprende.
Máis información:




Comments