A Escola de Tempo Libre Argalladas abre a inscrición para o curso de Monitor/a de Tempo Libre en Sanxenxo
A Escola de Tempo Libre Argalladas pon en marcha unha nova edición do Curso de Monitor/a de Tempo Libre, que se desenvolverá no Concello de Sanxenxo, no Centro Cultural de Nantes (Lugar de Contumil s/n – 36990 Sanxenxo).
O curso terá lugar entre o 12 de decembro de 2025 e o 10 de xaneiro de 2026, combinando horario intensivo de Nadal durante as vacacións (de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00 horas) con unha edición de fin de semana (venres de 16:00 a 21:00; sábados de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00; domingos de 9:00 a 14:00).
O prazo de inscrición permanece aberto ata cubrir o número mínimo de prazas. O prezo da formación é de 320 €.
Para poder anotarse cómpre ter 18 anos cumpridos e contar co título da ESO.
Como valor engadido, a Escola oferta prácticas en eventos, campamentos urbanos e actividades lúdicas unha vez finalizada a fase teórica.
📞 Contacto
-
ETL Argalladas
-
Isabel: 693 437 544
-
Web e redes sociais da entidade




Comments