25N Carballo: Violencia dixital: a violencia de xénero do século XXI
O café-debate sobre “Violencia dixital: a violencia de xénero do século XXI”, que organizamos en colaboración coa Universidade da Coruña, será o acto central da intensa semana de actividades que imos levar a cabo con motivo do 25N, moi interesante para profesionais dos ámbitos do dereito, a seguridade ou os servizos sociais, pero dirixida ao público en xeral.
Constará de tres relatorios breves:
🗣️"A loita contra a violencia de xénero no dereito internacional e nacional", coa carballesa Eva María Souto García, profesora de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) e coordinadora da xornada
🗣️"A intervención penal ante a violencia dixital", con José Antonio Ramos Vázquez, profesor titular de Dereito Penal da UDC e maxistrado suplente da Audiencia Provincial da Coruña
🗣️"Deepfakes: a imaxe falsa como arma de violencia machista", con Ana María Neira Pena, profesora contratada e doutora de Dereito Procesual e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC.
📆 Xoves 27 de novembro
⌚ 17.00 h
📍 Escolas do Xardín Agra de Caldas
Prazas limitadas! Inscrición de balde 👉 https://carballo.gal/evento/cafe-debate-sobre-violencia-dixital-a-viole…




Comments