Skip to main content
formacion

Como pode facilitar a IA o acceso ao patrimonio cultural? E que perigos entraña?

A aplicación da IA neste campo está xerando propostas interesantes, facilitando a conservación do patrimonio e o acceso á cultura. Non obstante, a comunidade cultural advirte sobre a necesidade de regular con precaución a IA, enfocándose na xenerativa, asegurando dereitos fundamentais e aplicando os principios de transparencia, remuneración e autorización.

Nesta mesa moderada por Berta A. Buylla, integrante da directiva da AGPXC, reflexionaremos sobre o tema con Patricia Cupeiro López, doutora en Historia da Arte pola USC; Pedro Ortega, especialista en Tecnoloxías aplicadas ao Patrimonio Cultural e IA para Medios de Comunicación, e Marta Velázquez, experta en IA ART Xenerativo e Dereitos Culturais.

𝗩𝗜𝗜 𝗖𝗼𝗻𝗳𝗲𝗿𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗘𝘀𝘁𝗮𝘁𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗖𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮
📅 15 e 16 de decembro
📍 Centro Ágora | A Coruña
🖥 Inscricións: https://conferenciacultura.es

FEAGC

Comments