TALLER DE ESCRITURA CREATIVA AUTOBIOGRAFÍA CUANTIFICADA (OU QUE DIFÍCIL É SER UNHA MESMA!
Do 8 de febreiro ao 31 de maio de 2026/ Horario: Domingos de 17:00 h a 19:30 h/ Dirixe: María Meijide/ Prazas: 15/ De balde con inscrición previa
O CGAC propón este novo laboratorio de escritura, que se desenvolverá ao longo de catro meses en sesións quincenais. O proxecto é un cruzamento entre a literatura e a arte conceptual no que as persoas participantes escribirán a súa propia biografía. A dinámica do taller incluirá lecturas e as persoas asistentes serán convidadas a escribir breves relatos autobiográficos cunha estrutura lúdica que toma as súas formas dos exercicios da Oulipo francesa. Organizaremos as palabras como se fosen listas da compra, manuais ou formularios de representación. Formularemos preguntas como: en cantos sitios viviches?, cantas veces mudaches de casa?, organiza os teus odios de menor a maior… E, facéndonos eco das experiencias vividas, tentaremos enraizar estas pezas autobiográficas no presente: a historia breve das nosas vidas nos últimos anos.
O material elaborado no obradoiro poderá servir como cerne dun proxecto de escritura colectiva infinita e encadeada, susceptible de difundirse nas redes.
SESIÓNS: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo, 12 e 26 de abril, 10 e 31 de maio
PERSOAS DESTINATARIAS: O obradoiro está dirixido a persoas adultas e pode realizarse sen necesidade de experiencia previa.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 19 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026 (as solicitudes enviadas antes da data sinalada non serán admitidas)
INSCRICIÓN en cgac.educacion@xunta.gal indicando:
Apelidos:
Nome:
Área de estudos, traballo ou interese:
Enderezo electrónico:
Teléfono:
Poderán inscribirse un máximo de dúas persoas por solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición.
CERTIFICACIÓN: O CGAC expediralles un certificado de aproveitamento da actividade a todas aquelas persoas que participen, como mínimo, no 75 % das sesións.




Comments