Skip to main content
CARNAVAL

Cuntis convoca o Concurso de Entroido 2026

O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de febreiro e inclúe categorías individuais, de parella, grupos, comparsas e carrozas

Cuntis. O Concello de Cuntis vén de convocar o Concurso de Entroido 2026, que se celebrará o domingo 15 de febreiro de 2026, a partir das 11:00 horas, cun desfile polas rúas da localidade aberto á participación da veciñanza e de colectivos de todas as idades.

Obxecto da convocatoria

  • Regular a organización e desenvolvemento do Desfile e Concurso de Entroido 2026.

  • Fomentar a participación cidadá e a creatividade a través dunha das celebracións tradicionais máis representativas de Galicia.

Categorías de participación

As persoas participantes poderán inscribirse nunha única categoría:

  • Comparsa: mínimo 20 persoas.

  • Grupo: entre 10 e 19 persoas.

  • Parella: dúas persoas.

  • Individual: unha soa persoa.

  • Carroza.

Dotación económica

  • Orzamento total máximo: 3.000 euros.

  • As axudas financiaranse con cargo ao orzamento municipal do exercicio 2026.

Inscricións e prazos

  • Prazo de inscrición: ata o 13 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas.

  • Presentación:

    • No Rexistro do Concello de Cuntis (de 9:00 a 13:30 h).

    • A través da Sede Electrónica do Concello de Cuntis.

  • A documentación inclúe o formulario de inscrición e unha declaración responsable.

Información adicional

  • No caso de asociacións legalmente constituídas, a inscrición deberá realizarse exclusivamente por vía electrónica e achegar a documentación acreditativa correspondente.

  • Se as condicións meteorolóxicas non permiten a celebración do desfile, este quedará cancelado.

    BOPPO

Comments