Skip to main content
formacion

Formación 100 % subvencionada FEMXA

Trátase dunha nova convocatoria de cursos gratuítos dirixidos a traballadores/as por conta allea e autónomos/as de Galicia100 % subvencionados pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e o Ministerio de Trabajo y Economía Social.

A convocatoria inclúe dúas modalidades:

 

  • Cursos en liña, con ampla variedade de especialidades (competencias dixitais, xestión empresarial, enerxías renovables, comercio electrónico, habilidades directivas, entre outras), que se imparten en modalidade 100 % online e permiten total flexibilidade horaria.

Auxiliar de enfermerÌa no servizo de urxencias, intervención (60 h)

Competencias dixitais básicas (60 h)

Contabilidade (50 h)

Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica (100 h)

Deseño, seguimento e avaliación de proxectos (40 h)

Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente (100 h)

Facturación electrónica (80 h)

Habilidades directivas e xestión de equipos (65 h)

Interiorismo (75 h)

(20 cursos dispoñibles na web)

  • Títulos oficiais, que combinan formación online con sesións presenciais en Vigo (Pontevedra), orientados á obtención dunha acreditación oficial con validez académica e profesional.

Habilitación para a docencia nos graos A, B e C do sistema de formación profesional (Duración: 363 h teóricas + 95 h formación en empresa (FEE))

Ofimática Duración: 190 horas Técnicas administrativas (Duración: 150 horas)

En ambas modalidades, a formación é completamente gratuíta, non corresponde a formación bonificada (polo que non consume créditos das empresas) e pode realizarse sen necesidade de autorización previa por parte da empresa.

Adxuntamos nota informativa e imaxes para que poidades difundila información entre os/as vosos/as usuarios/as. Lembrade que as prazas son limitadas e asignaranse por orde de solicitude.

 

Podédes consultar toda a información e solicitar praza no seguinte enlace: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta

Para calquera dúbida ou asesoramento adicional, as persoas interesadas poden contactar co servizo de atención ao alumnado:

Teléfono gratuíto: 900 100 957

WhatsApp: 619 926 324

Correo electrónico: atencionalumno@femxa.com

Comments