Formación 100 % subvencionada FEMXA
Trátase dunha nova convocatoria de cursos gratuítos dirixidos a traballadores/as por conta allea e autónomos/as de Galicia, 100 % subvencionados pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e o Ministerio de Trabajo y Economía Social.
A convocatoria inclúe dúas modalidades:
- Cursos en liña, con ampla variedade de especialidades (competencias dixitais, xestión empresarial, enerxías renovables, comercio electrónico, habilidades directivas, entre outras), que se imparten en modalidade 100 % online e permiten total flexibilidade horaria.
Auxiliar de enfermerÌa no servizo de urxencias, intervención (60 h)
Competencias dixitais básicas (60 h)
Contabilidade (50 h)
Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica (100 h)
Deseño, seguimento e avaliación de proxectos (40 h)
Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente (100 h)
Facturación electrónica (80 h)
Habilidades directivas e xestión de equipos (65 h)
Interiorismo (75 h)
(20 cursos dispoñibles na web)
- Títulos oficiais, que combinan formación online con sesións presenciais en Vigo (Pontevedra), orientados á obtención dunha acreditación oficial con validez académica e profesional.
Habilitación para a docencia nos graos A, B e C do sistema de formación profesional (Duración: 363 h teóricas + 95 h formación en empresa (FEE))
Ofimática Duración: 190 horas Técnicas administrativas (Duración: 150 horas)
En ambas modalidades, a formación é completamente gratuíta, non corresponde a formación bonificada (polo que non consume créditos das empresas) e pode realizarse sen necesidade de autorización previa por parte da empresa.
Adxuntamos nota informativa e imaxes para que poidades difundila información entre os/as vosos/as usuarios/as. Lembrade que as prazas son limitadas e asignaranse por orde de solicitude.
Podédes consultar toda a información e solicitar praza no seguinte enlace: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
Para calquera dúbida ou asesoramento adicional, as persoas interesadas poden contactar co servizo de atención ao alumnado:
Teléfono gratuíto: 900 100 957
WhatsApp: 619 926 324
Correo electrónico: atencionalumno@femxa.com




Comments