Curso de monitor/a de actividades de tempo libre na Estrada
A Escola de Tempo Libre COESCO organiza un novo curso presencial para obter o título oficial de monitor/a de actividades de tempo libre, expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Requisitos
-
Ter cumpridos os 18 anos.
-
Posuír, como mínimo, a titulación da ESO ou equivalente.
Prazos
-
Fase teórico-práctica (200 h): do 8 de maio ao 29 de agosto de 2026.
-
Venres: de 15:00 a 20:00 h.
-
Sábados: de 09:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h.
-
-
Fase práctica (150 h): o prazo para a súa realización e a entrega da memoria finaliza en agosto de 2027.
Solicitudes
As persoas interesadas poden inscribirse escaneando o código QR que aparece no cartel informativo ou contactando directamente coa escola organizadora.
Máis información
-
Enderezo: Rúa San Paio, 21 – Baixo, A Estrada.
-
Correo electrónico: coesco@coescoformacion.com.
-
Teléfonos: 986 572 025 / 667 703 711.




Comments