Curso de director/a de actividades de tempo libre na Estrada
A Escola de Tempo Libre COESCO organiza un curso presencial para obter a titulación oficial de director/a de actividades de tempo libre infantil e xuvenil.
Requisitos
-
Ser maior de idade.
-
Ter o curso de MATL (Monitor/a de Actividades de Tempo Libre).
Prazos
-
Fase teórica (150 h presenciais): do 11 de maio ao 31 de xullo de 2026.
-
Clases: luns, mércores e 2 venres ao mes (en xullo serán 3 venres).
-
Horario: de 15:00 a 20:00 h.
-
-
Fase práctica (150 h ou 14 días intensivos): dispónse de 2 anos para completala en campamentos.
Solicitudes
A inscrición pode realizarse escaneando o código QR do cartel ou enviando unha consulta por WhatsApp a través dos contactos facilitados pola escola.
Máis información
-
Enderezo: Rúa San Paio, 21 – Baixo, A Estrada.
-
Correo electrónico: coesco@coescoformacion.com.
-
Teléfonos: 986 572 025 / 667 703 711.




Comments