Bolsa de emprego para contratacións municipais do Banco Municipal da Vivenda
As presentes bases específicas regulan as normas xerais e requisitos da convocatoria para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego para a provisión das prazas que nas bases se expoñerán, todas as cales realizarán funcións vinculadas ao encargo municipal de xestión á Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades, S.A.U. (en diante, EMVSA).
Nas bases podense consultar os requisitos específicos xa que son distintos segundo o posto ó que se opte.
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude e documentación no prazo máximo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación destas bases no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/03/25/2026_0000001717.html




Comments