Skip to main content
carteis concurso

Bases aprobadas Concurso Letras Galegas no Concello de Betanzos

Os obxectivos do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas son promover a expresión artística dos máis miúdos e miúdas, afondar no coñecemento da vida e obra de Begoña Caamaño e fomentar a creación artística.

Poderá participar neste concurso todo o alumnado que estea a cursar a educación primaria ou con diversidade funcional nos centros educativos de Betanzos. Os carteis deberán realizarse de xeito individual. Cada alumno/a só poderá participar cun cartel.

Os carteis poderán entregarse nas secretarías do CEIP Francisco Vales Villamarín, do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” e da Fundación Hospitalarias Betanzos, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos (Casa do Concello) ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao, entre o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e o 13 de abril, incluído este.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001973.html

Comments