Concurso Creación Literaria no Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos convoca o XIII Concurso de creación literaria que pretende promover a escrita creativa e fomentar a creación literaria en galego.
A primeira categoría (ESO) e a segunda categoría (Bacharelato e ciclos formativos) son exclusivamente para o alumnado dos centros de ensino de Betanzos (IES Francisco Aguiar, IES As Mariñas e CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”) e a temática é libre. Na terceira categoría (Aberta) poderá participar calquera persoa maior de idade.
O prazo de entrega dos textos estará aberto entre o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e o 30 de abril, incluído este.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/06/2026_0000001970.html




Comments