IX Edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey
O Concello de Fornelos de Montes convoca a IX edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, destinado a recoñecer traballos de carácter divulgativo e de opinión no ámbito da denuncia social.
- Persoas destinatarias:
- Poderán participar todas as persoas maiores de idade.
- Cada participante poderá presentar un único artigo.
- Non poderán concorrer persoas que incorran nas prohibicións establecidas na Lei Xeral de Subvencións ou que non estean ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- As persoas premiadas en edicións anteriores deberán agardar tres anos para volver presentarse.
- Características dos traballos:
- Os artigos deberán ser inéditos e estar escritos en galego.
- Terán un estilo xornalístico, divulgativo e/ou de opinión centrado na denuncia social.
- Extensión entre 2.500 e 3.500 caracteres (aprox. 450-600 palabras).
- Dotación económica:
- Premio único de 1.000 euros.
- O xurado poderá declarar o premio deserto ou conceder accésits sen dotación económica.
- Prazo de presentación:
- Ata o 30 de maio de 2026.
- Máis información:
- As bases completas publicaranse na web e no taboleiro de anuncios do Concello de Fornelos de Montes.
- BOPPO




Comments