Ir o contido principal
xornalismo

IX Edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

O Concello de Fornelos de Montes convoca a IX edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, destinado a recoñecer traballos de carácter divulgativo e de opinión no ámbito da denuncia social.

  • Persoas destinatarias:
    • Poderán participar todas as persoas maiores de idade.
    • Cada participante poderá presentar un único artigo.
    • Non poderán concorrer persoas que incorran nas prohibicións establecidas na Lei Xeral de Subvencións ou que non estean ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
    • As persoas premiadas en edicións anteriores deberán agardar tres anos para volver presentarse.
  • Características dos traballos:
    • Os artigos deberán ser inéditos e estar escritos en galego.
    • Terán un estilo xornalístico, divulgativo e/ou de opinión centrado na denuncia social.
    • Extensión entre 2.500 e 3.500 caracteres (aprox. 450-600 palabras).
  • Dotación económica:
    • Premio único de 1.000 euros.
    • O xurado poderá declarar o premio deserto ou conceder accésits sen dotación económica.
  • Prazo de presentación:
    • Ata o 30 de maio de 2026.
  • Máis información:
    • As bases completas publicaranse na web e no taboleiro de anuncios do Concello de Fornelos de Montes.
    • BOPPO

Comments