Tres prazas de Operarios Peóns no Concello de Sada
É obxecto destas bases regular o procedemento para a selección de traballadores desempregados, para a súa contratación en réxime laboral temporal, ao abeiro da subvención concedida ao Concello de Sada pola Deputación da Coruña, publicada no BOP núm.38, do 26-02-2026 consonte ás bases do programa Pel-Concellos 2026 de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia (BOP núm. 197, do 15-10-2025).
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases en detalle no enlace inferior.
O prazo de inscrición 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria na sede electrónica do Concello, previa publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/15/2026_0000002216.html




Comments